CulturaCulturaGalerías de fotosÚltima hora

Multitudinaria recepción dos Reis Magos na Casa da Cultura de Rubiá

Melchor, Gaspar e Baltasar entregaban os agasallos aos cativos na mañá do 5 de xaneiro

Nun tren infantil. Así chegaban os Reis Magos á Casa da Cultura de Rubiá na mañá do 5 de xaneiro. Despois de percorrer as rúas da localidade valdeorresa acompañados polos cativos, as súas Maxestades eran recibidas nun abarrotado salón de actos. Alí, mentres os pais e demais familiares disparaban sen parar os flashes das cámaras de fotos, os cativos subían un a un ao escenario para recoller de mans do propios reis (Melchor, Gaspar e Baltasar), os seus agasallos. Sen baixar do escenario, os máis pequenos desenvolvían os paquetes para descubrir, emocionados, que os Reis Magos lles trouxeran os xoguetes esperados.

Coa recepción real Rubiá poñía o broche ao Nadal no que se le levaron a cabo actividades de carácter lúdico (con xogos), relixioso (coa visita guiada ao Belén artesán) e cultural, co existoso espectáculo de maxia a cargo do Mago Teto que enchía a Casa da Cultura, entre outros.

Fotos: Mónica G. Bellver e cedidas.

Artigos relacionados

Back to top button