EconomíaEconomíaGalerías de fotosÚltima horaViticultura

Multitudinaria XI Festa da Vendima en Punxeiro

Superábanse as expectativas. Máis de 1.200 persoas se congregaban na noite do 14 de outubro na localidade vianesa de Punxeiro para gozar da XI Festa da Vendima, unha das edicións con máis participación. Mercaban a súa entrada e recibían unha cunca e un pano branco que logo lles permitiría probar o viño branco e tinto, xunto cunha gran variedade de pinchos en cada unha das adegas.

A festa comezaba ao redor das oito da noite coa apertura das tres primeiras adegas do percorrido, situadas nas proximidades da praza. Eran as charangas as que marcaban o percorrido nunha cálida noite de outono. Tratábanse dun total de tres: Fuego, Achicoria e Tomalleoutra. Ao pechar estas tres primeiras, as charangas dirixían aos participantes cara as tres seguintes que abrían as súas portas, e así ata completar o percorrido nun ambiente de festa.

Ao redor das once estaba previsto que as adegas pechasen e que a celebración se trasladase ata o campo de festa para continuar a celebración ao ritmo da música do grupo América de Vigo e da orquestra Os Players.

Fotos: Carlos G. Hervella.

Artigos relacionados

Back to top button