EconomíaEconomíaEn portadaGalerías de fotosÚltima hora

Multitudinaria XIX Mostra do Aceite de Quiroga

A feira achegaba os aceites de cinco colleiteiros da zona e incluía demostracións de elaboración tradicional deste produto no antigo muíño de Bendilló

Coa posta en marcha do antigo muíño de Bendilló ás once e media deste domingo 12 de maio iniciábase a XIX Mostra do Aceite de Quiroga. Numerosas persoas participaban nesta cita, que está declarada festa de interese turístico galego, e que se desenvolvía nunha mañá espléndida.

No recinto feiral podían probarse e mercarse os aceites de cinco colleiteiros da zona (Pedro Soto, José Manuel López, Jesús Bao, Jesús Arias e Manuel Mondelo) no recinto feiral, instalado moi preto do muíño. Eran moitas as persoas que percorrían as casetas e mercaban os seus produtos.

Ademais estaban á venda outros produtos típicos de Quiroga como mel, licores ou marmeladas, xunto con artesanía. O ambiente estaba animado pola actuacións do Recanto do grupo de danza San Martiño.

Ademais ao mediodía tiña lugar unha cata comentada dos aceites participantes na mostra na Capela das Farrapas.

Fotos: Carlos G. Hervella.

Artigos relacionados

Back to top button