En portadaGalerías de fotosXIX Feira do Viño de Valdeorras

Multitudinaria xornada do sábado na XIX Feira do Viño de Valdeorras

Tras a cata con xurado popular, os stands das 17 adegas da XIX Feira do Viño de Valdeorras abrían de novo as súas portas na tarde do 16 de xullo. Malia ao intenso calor, multitude de persoas achegábanse ata a mostra e enchían ata a madrugada o recinto feiral, situado na praza de Viloira (O Barco). Algunhas chegaban no tren turístico “Valdeorras Expreso”, que percorría a vila.

A Fanfarria Taquikardia poñía un animado ritmo á tarde, e, xa pola noite, tomaban o relevo musical o grupo valdeorrés Los Íñigos, xa a medianoite tocaban os Gin Toni’s e o broche poñía o DJ Ozzy.

Fotos: Ángeles Rodríguez/ Carlos G. Hervella

Artigos relacionados

Back to top button

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies.
Pinche el enlace para mayor información. También puede consultar aquí nuestra política de protección de datos

ACEPTAR
Aviso de cookies
Close