En portadaGalerías de fotosÚltima hora

Multitudinaria XXV Festa da Carne de Montederramo

Fieis á cita gastronómica o Día do Pilar, numerosas persoas asistían no mediodía do 12 de outubro á XXV edición da Festa da Carne, organizada polo Concello de Montederramo, para degustar a exquisita carne de tenreira cociñada de tres formas diferentes: en empanada, richada e ao caldeiro. O menú incluía ademais  bica, viño da Ribeira Sacra e licores.

O 12 de outubro é tamén día de feira en Montederramo, por iso a actividade comenzaba xa de boa mañá coa exposición e venda de produtos nos postos do mercadiño, así como a mostra de gando bovino das explotacións do municipio. E xa en torno ás 13h. abríanse as portas da carpa instalada na praza do pobo.

Como en toda festa que se precie, na xornada tampouco faltou a música. Pola mañá a cargo da charanga Nova Terras de Trives (incodicional da cita) e pola tarde coa charanga NBA que convidou a bailar aos asistentes ao multitudinario xantar coa carne de tenreira como protagonista.

Fotos: Carlos G. Hervella

Artigos relacionados

Back to top button