Multitudinario concerto da Banda do Barco no día do Cristo

A ritmo de pasodobre, e entre algún que outro baile, concluía o multitudinario concerto que a Banda de Música do Barco ofrecía na tarde do 14 de setembro, día grande das Festas do Cristo nesta vila valdeorresa. Despois de acompañar co seu son á procesión do Nazareno ás 12h., a partires da unha esta formación (que dirixe Manuel Prada Ramos) daba un concerto na praza do Sagrado.

Despregaba un repertorio moi variado onde non faltaban os tradicionais pasodobres, bandas sonoras como as de “Gladiator”, así como son latinos como o mambo, un popurrí de coñecidos temas de Abba, “New York New York”, ou “Amigos para siempre”, entre outras. Non faltaban os tradicionais bises e a actuación concluía entre fortes aplausos e co público en pé.

Fotos: A.R.

Scroll To Top

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies.
Pinche el enlace para mayor información. También puede consultar aquí nuestra política de protección de datos

ACEPTAR
Aviso de cookies