ConcellosEspecial Cristo 2016Galerías de fotosÚltima hora

Multitudinario concerto de Son do Sil no Barco

A actuación da agrupación barquense na praza Maior poñía o broche musical ás Festas do Cristo 2016

O 8 de setembro ás nove da noite arrancaban as Festas do Cristo no Barco de Valdeorras co pregón a cargo do actor barquense Christian Escuredo que tamén lanzaba o “chupinazo”. Case unha semana máis tarde, o mércores 14 de setembro no mesmo espazo, a praza Maior do Barco, Son do Sil poñía o broche musical ao programa festivo.

Ao longo de máis dunha hora e media, a numerosa agrupación músico-vogal barquense, despregraba sobre o escenario o seu repertorio, especialmente pensado para esta importante data na vila do Barco, a súa casa. Temas de hoxe, de onte e de sempre. Versións en galego, en castelán e incluso en inglés e francés… Malia a chuvia que tamén quixo despedir as festas, numerosas persoas desfrutaron do concerto, acompañando, nalgúns temas, aos intérpretes.

E no marco da actuación, Son do Sil entregaba a Eduardo Ojea (edil á fronte da carteira cultural ata o ano pasado) un obsequio en agradecemento polo apoio e bo trato recibido por parte da Concellería de Cultura do Barco.

Fotos: Carlos G. Hervella.

Artigos relacionados

Back to top button