En portadaGalerías de fotosÚltima hora

Multitudinario desfile “Qui-romano” e espectacular loita de gladiadores en Quiroga

A vila lucense convertíase en escenario ao longo do día 19 de agosto da IV Festa castrexo-romana

Era unha das citas máis sinaladas do amplo e variado programa da “IV Qui-Roma. Festa castrexo-romana”, que se desenvolvía o 19 de agosto en Quiroga. Multitude de persoas se congregaban en torno á rúa central da vila para ver de preto aos soldados romanos, aos castrexos ou aos gladiadores que formaban parte deste cortexo festivo que concluía na praza Maior.

Ademais eran moitas as persoas ataviadas con prendas propias da época romana ás que seguían o desfile e, despois, xa na praza, asistían a unha espectacular loita de gladiadores.

Máis información e fotos: https://osil.info/romanos-castrexos-invaden-as-ruas-de-quiroga/
Fotos: Mónica G. Bellver

Artigos relacionados

Back to top button