CulturaCulturaEducaciónMúsicaÚltima hora

Multitudinario Festival de Panxoliñas no Barco

Estaba organizado polo Orfeón Valdeorrés e nel participaba esta formación coral e os CEIPs Julio Gurriarán e Otero Pedrayo, ademais do Colexio Plurilingüe Divina Pastora

Unha abarrotada igrexa de Santa Rita do Barco convertíase na tarde do 18 de decembro en escenario do Festival de Panxoliñas que cada ano promove o Orfeón Valdeorrés e no que participan escolares do Barco. Desta volta neste certame actuaban os alumnos dos CEIPs Julio Gurriarán e Otero Pedrayo (de Viloira), así como os do Colexio Plurilingüe Divina Pastora. Por suposto, tamén podía escoitarse ao Orfeón Valdeorrés, que dirixe José Ramón Mansilla.

Fotos: Carlos G. Hervella.

Artigos relacionados

Back to top button