En portadaGalerías de fotosÚltima hora

Multitudinario magosto en Vilamartín de Valdeorras

Ademais das castañas asadas, servíronse 50 kg de panceta e 300 bolos preñados

 

A ameaza da chuvia, persistente ao longo de toda a xornada, obrigaba á organización a trasladar a celebración do magosto en Vilamartín de Valdeorras, da praza Xosé Lois Núñez onde estaba programada inicialmente, ao Centro Sociocultural Santa Lucía. Pero iso non impediu que numerosas persoas, do municipio e doutros puntos da comarca de Valdeorras como O Barco ou A Rúa, se achegasen para desfrutar desta tradicional celebración de outono.

 

Repartido as racións de panceta e bolo preñado.

 

Organizado pola Asociación de Coveiros de Vilamartín coa colaboración do Concello, á parte das castañas asadas, por 2 euros que custaba a entrada, a merenda incluía panceta (asábanse uns 50 kg) e 300 bolos preñados, sen esquecer o viño e/ou auga. Un menú preparado no exterior do centro que se completaba cos doces do concurso de postres (houbo premios para os mellores entre os que estaba unha tarta de chocolate con castañas e un arroz con doce).

 

A festa incluía un concurso de postres.

 

Fotos: Carlos G. Hervella.

Artigos relacionados

Back to top button