ConcellosGalerías de fotosÚltima hora

Multitudinario magosto en Viloira

O olor a castañas asadas envolvía a praza Otero Pedrayo de Viloira na tarde do 11 de novembro. Os veciños desta localidade en colaboración co Concello do Barco organizaban o seu tradicional magosto de San Martiño con degustación de castañas asadas e viño novo a partires das seis e media da tarde. Multitude de persoas de diferentes idades dábanse cita en Viloira para participar desta celebración que contaba ademais coa actuación da orquestra La Oca.

Fotos: Ángeles Rodríguez

Artigos relacionados

Back to top button