CulturaCulturaÚltima hora

Multitudinario magosto no Casino do Barco

O apartado musical correu por conta de Los Brothers

 

Pouco a pouco vanse sucedendo os magostos en vilas, barrios e tamén os organizados por colectivos. É o caso da Asociación Casino do Barco que na tarde-noite deste sábado 13 de novembro celebraba unha concorrida e animada festa coas castañas asadas como protagonistas.

 

Membros da asociación cos bolos preñados.

 

 

Tralo éxito da cea de Samaín celebrada a finais de outubro con preto de 100 comensais, hoxe eran unhas 130 as persoas de diferentes idades que se reunían en torno a unha boa merenda a base de bolos preñados, caldo galego, castañas asadas, torta de roxois, licores, viño e refrescos.

 

 

Nunha celebración destas características non pode faltar a música, e nesta ocasión era o grupo de versións Los Brothers, os que amenizaba a festa, mantendo en todo momento as medidas sanitarias vixentes.

 

Fotos: O Sil.

Artigos relacionados

Back to top button