ConcellosGalerías de fotosÚltima hora

Multitudinario magosto en Viana do Bolo

Os bullotes asados convertíanse en protagonistas na tarde do 4 de novembro en Viana do Bolo. Esta localidade celebraba a partires das 20:30h. o seu tradicional magosto no Toural cunha notable asistencia de público, que cada ano se incrementa. Máis de 700 persoas se daban cita nesta celebración na que para participar había que aboar un donativo de 3 euros.

Os asistentes degustaban castañas, pero tamén bolos preñados, acompañados de viño. Ademais o ambiente estaba animado polo ritmo de dúas charangas. Este magosto ten sido organizado pola Asociación de Mulleres Rurais de Viana en colaboración co Concello.

As dúas últimas fotos da galería son da autoría de JL Ortiz.

Artigos relacionados

Back to top button