OurenseÚltima hora

Mundín (Nogueira de Ramuín) conta cun novo parque infantil cuberto

 

Na mañá deste 19 de novembro o vicepresidente primeiro da Xunta, Alfonso Rueda, visitaba, acompañado do delegado territorial da Xunta en Ourense, Gabriel Alén, os traballos levados a cabo no concello de Nogueira de Ramuín para construír un parque infantil cuberto no núcleo de Mundín.

O vicepresidente primeiro da Xunta destacou a importancia de levar a cabo actuacións coma estas para colaborar coas necesidades dos concellos e contribuír á mellora da calidade de vida dos seus veciños. Esta colaboración supuxo nos últimos anos un investimento de case 1,3 millóns de euros por parte da Xunta no municipio.

 

 

Alfonso Rueda tamén incidiu na necesidade da cooperación entre os propios concellos con proxectos conxuntos que contribúan a optimizar recursos e evitar duplicidades. Así o vén facendo Nogueira de Ramuín durante varios anos xunto co municipio de Parada de Sil para a limpeza da ruta do centro BBT Ribeira Sacra, financiada a través do Fondo de Compensación Ambiental, ademais de melloras presentadas pola Mancomunidade Voluntaria de concellos da comarca de Ourense.

Outra das actuacións apoiadas pola Xunta este ano é para a brigada de protección e o mantemento de espazos ambientais, mediante unha solicitude conxunta con O Pereiro de Aguiar. O goberno galego tamén colaborou na mellora a rede de saneamento e á eficiencia enerxética do alumeado público en varios núcleos do municipio.

Artigos relacionados

Back to top button