OurenseÚltima hora

MUSGO engade un roteiro guiado á programación de concertos prevista para o sábado 19 en Ourense

Baiuca é unha das bandas galegas que actuará no festival que se anticipa á promoción do Xacobeo 2021

Baiuca actuará no festival MUSGO, en Ourense.

 

MUSGO enadiu unha actividade complementaria á programación de concertos prevista para o sábado 19 de outubro na cara sur do Casco Vello ourensán.

A iniciativa, que nace neste 2019 ao abeiro do programa “O teu Xacobeo”, impulsado pola Xunta de Galicia para anticipar o próximo Ano Santo, busca poñer en valor os Camiños que chegan e cruzan a provincia de Ourense cara Compostela, e antes de dar comezo á completa axenda musical da xornada, un roteiro guiado percorrerá a ruta que os peregrinos facían (e fan) dende a Idade Media ao seu paso pola cidade de Ourense. Cunha duración aproximada de hora e media, as persoas participantes na actividade terán oportunidade de coñecer lendas e tradicións marcadas polo Camiño de Santiago e gozar da riqueza patrimonial do Casco Histórico ourensán.

Desde a organización do festival sinalan o atractivo de Ourense “como lugar de partida para unha peregrinaxe a Compostela curta e de outono, e buscan que o propio evento sexa quen de poñer en valor á cidade dentro da Galicia Xacobea”.

Con todo, a programación central de MUSGO estará protagonizada pola música, ofrecendo oito concertos gratuítos con artistas emerxentes e destacados non só de Galicia, se non tamén de nivel estatal e internacional. Por esta primeira edición do evento pasarán dúas bandas portuguesas – Lince e Whales-, tres galegas -Blanco Palamera, Ladrillo y Mujer, e Baiuca-, dúas estatais -Yana Zafiro e Mourn-, e unha do Reino Unido, o dúo AK/DK, a aposta máis forte do proxecto, que non vai deixar a ninguén indiferente.

Artigos relacionados

Back to top button