ConcellosGalerías de fotosÚltima hora

A música abre o II CaViño de Inverno na Rúa

Catorce establecementos hostaleiros e vintedúas adegas participan esta fin de semana na ruta

Co nomeamento de “Cabaleiro do Godello” a un membro da Cooperativa Virxe das Viñas e o son da Charanga Nova Terras de Trives, arrancaba na praza do Concello da Rúa o 2º CaViño de Inverno.

Na ruta de viños que se celebra dende hoxe ata o domingo 10 de xullo, participan catorce establecementos hostaleiros (A Cervecería, A Tasca, Bravo Lux, As Piscinas Dipöp, Cafetería Luna’s, Mesón Poldo, O Café, Orballo, O’Recuncho, O’Retorno, Sport’s Café, Vinoteca Pepa, 4 Bar e El Patio) e vintedúas adegas, con agasallos e sorpresas para todo aquel que faga a ruta (selando a “Compostela” en cada local), dende pinchos especiais ata actuacións musicais, camisetas e sombreiros.

A inauguración tiña lugar na tarde do venres por parte do tenente de alcalde do Concello da Rúa, Avelino Fernández e da presidenta da Asociación de Amigos do Camiño de Santiago por Valdeorras, Asunción Arias. Tamén estiveron presentes o presidente honorífico da asociación, Ramón García e o presidente do Consello Regulador da D.O. Valdeorras, Francisco García. Ademais da charanga trivesa, amenizaron a ruta Os Palletas de Quiroga, Abertal da Rúa e Los Pamplinas de Ponferrada.

A ruta continúa mañá, sábado 9 de xullo cos Cantos de Taberna da Rúa e a actuación da Banda de Gaitas Mencía de Toral de los Vados.

Fotos: Javier Ferrer/ Carlos G. Hervella.

Artigos relacionados

Back to top button