CulturaÚltima hora

Música ao vivo á beira do río Sil, un marco incomparable para as noites de verán

Decenas de persoas gozaron dos concertos do festival até ben entrada a madrugada

O Silfest pechou hoxe a súa segunda edición despois de tres intensas xornadas de música, gastronomía, viño, poesía e cinema. Este evento, que se celebrou ás beiras do río Sil ao seu paso polo Barco de Valdeorras, concentrou onte a decenas de persoas até ben entrada a madrugada. Os concertos ao vivo foron o prato forte da programación, con grupos como The Lákazans Big Crunch!, The Morgans, Cora Sayers, Los Íñigos, Presumido ou Maryland. Hoxe, como colofón, houbo talleres infantís e un último concerto da man de Cora Sayers.

Fotos: Sara Fontenla

 

Artigos relacionados

Back to top button