CulturaCulturaÚltima hora

Música ao vivo, teatro e humor con Brais das Hortas no Centro Cultural Avenida da Rúa

O "Consertasso na horta" será o sábado 23 de outubro ás 17 horas

 

Este sábado 23 de outubro, o Centro Cultural Avenida da Rúa acollerá unha actividade do programa FalaRedes, da Secretaría Xeral de Política Lingüística para a Rede De Dinamización Lingüística. Trátase do Consertasso na horta, unha divertida obra infantil e familiar que Brais das Hortas porá en escena a partir das cinco da tarde.

Cancións orixinais, variedade de estilos e interacción co público conforman esta proposta fresca, divertida e chea de amor pola cultura galega, a fauna e o entorno natural.

A entrada é de balde ata completar aforo, podendo inscribirse na Casa do Concello da Rúa.

Artigos relacionados

Back to top button