ConcellosÚltima hora

Música, baile, relaxación e entretemento para grandes e pequenos, este xoves en Viana do Bolo

Máster class de zumba, tai chí, pilates, exhibición de baile e malabares ás 20h. na praza Maior
Imaxe do cartel promocional da actividade.

Unha actividade lúdica e participativa, de ocio saudable ao aire libre, é o que ofrecen o Centro Sociocomunitario de Viana do Bolo e Cruz Vermella Viana Conso Frieiras, unidas para organizar un acto interxeracional previsto para este xoves 20 de xullo.

A partires das 20h. a praza Maior de Viana acollerá unha exhibición de baile latino, así como tres máster class de diferentes disciplinas (zumba, pilates e tai chí), e  malabares para os cativos. As máster class serán impartidas por dúas monitoras con experiencia que animarán a todos os participantes, logrando unha xornada diferente.

Tal como explican dende o Centro Sociocomunitario, a actividade é totalmente gratuíta e está aberta a todas as persoas que queiran participar, prestando especial atención aos maiores acompañadas dos seus netos, fillos e amigos.

Esta actividade, na que colaboran o Concello e o Centro de  Información á Muller (CIM) de Viana do Bolo, vai encamiñada a fomentar as relacións entre persoas de diferentes grupos de idade “co ánimo de enriquecer os vínculos e o coñecemento mutuo”; e tamén promover a actividade física “como elemento clave na promoción da saúde e prevención de enfermidades”.

Artigos relacionados

Back to top button