CulturaCulturaMúsicaÚltima hora

Música de ELE entre viñedos e degustacións de godello, en Xagoaza

A adega barquense Godeval organizará na tarde do 8 de xullo a “Velada dos Sentidos” nos seus xardíns

 

O xardín da adega Godeval acollerá na tarde do 8 de xullo a “Velada dos Sentidos”./ Foto: Carlos G. Hervella.

 

Leva por título a “Velada dos Sentidos” e mestura viño, música e gastronomía entre viñedos. Godeval propón para o sábado 8 de xullo un acto moi especial, que comezará ás 20h nos xardíns desta adega en Xagoaza (O Barco). Nel os asistentes poderán gozar da música da pianista, compositora e cantante madrileña ELE (Elena Iturrieta), mentres degustan os godellos desta adega. “É un novo evento no que a música e o viño fusionaranse para que os sentidos sexan os protagonistas”, segundo adianta Godeval.

As entradas para asistir ao concerto (cun prezo de 15 euros/persoa) están a venda na propia adega e nas tendas barquenses Ton y Son, Perfumería e Estética Pamén e Moda e Complementos Can-Can. Ademais no decurso da actuación poderá mercarse viño desta adega por copa e botella. Tamén haberá venda de comida, así como de cócteles elaborados cos augardentes e licores de Godeval.

 

A compositora e cantante ELE.

Con este evento Godeval pretende “apoiar aos novos músicos e compositores que están xurdindo no panorama nacional. A idea é continuar con este ciclo de concertos, polo menos unha vez ao ano, e poder traer a Valdeorras artistas que están despuntando en traballo musicais”, tal e como se sinala dende a adega.

Artigos relacionados

Back to top button