CulturaCulturaMúsicaÚltima horaVídeos

Música de Vivaldi e pintura de Antonio López para homenaxear ás vítimas do Covid-19

A orquesta Ars Combinatoria (residente de Xunqueira de Ambía, Ourense) edita un "videoarte" articulado durante o confinamento, no que expresa o seu sentir ante as tráxicas consecuencias da pandemia

Ars Combinatoria no claustro da Colexiata Santa María A Real de Xunqueira de Ambía (Ourense)./Foto: Pepe Moreno.

 

Partindo dunhas vivencias tan duras e tristes, xunto a unhas “incertas e demoledoras consecuencias en todo o mundo” provocadas pola pandemia do coronavirus, e trala súbita interrupción da actividade de concertos e un horizonte profesional “incerto e nevoento”, a orquestra Ars Combinatoria, residente de Xunqueira de Ambía (Ourense), viuse na necesidade, non só de adaptarse ás circunstancias, senón a seguir creando e traballando nesta adversidade.

Así nace o seu novo traballo discográfico, un “videoarte” no que a música de Vivaldi e a obra do pintor Antonio López van da man. “A sinfonía O Santo Sepulcro de A. Vivaldi combina de xeito especial un forte dramatismo e intensidade musical con destellos de luz e ese é o motivo da súa elección”, explica o director da orquestra Canco López, incidinco en que “a idea creativa que rexe esta homenaxe é unir a necesidade de rendir o derradiero adeus aos que deixaron este mundo físico, aillados en soidade, e mostrar o silencio e a perturbadora realidade imposta”.

A grabación procede dun arquivo da orquesta, realizado pola Radio Galega os días 26 e 27 de xullo de 2018 no Mosteiro da Madalena de Sarria (Lugo). E con respecto ás imaxes -cedidas polo autor- pertencen á obra do mestre Antonio López, cun tema moi ligado a Madrid, a Comunidade mais golpeada polo Covid.19, e a atmósfera silenciosa e inhóspita que se respira.

Ars Combinatoria desenvolve a programación da sua tempada “Música vs. Espacios” entre Madrid e Galicia, concretamente en Xunqueira de Ambía (Ourense) e Sarria (Lugo).

 

Artigos relacionados

Back to top button

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies.
Pinche el enlace para mayor información. También puede consultar aquí nuestra política de protección de datos

ACEPTAR
Aviso de cookies
Close