ConcellosÚltima hora

Música, doces e castañas no magosto popular en Trives o 9 de novembro

 

A partir das seis da tarde do vindeiro sábado 9 novembro comezará no patio de Santa Leonor de Trives o magosto popular. A esa hora comezarán a prepararse os chourizos e as castañas asadas, ao tempo que terá lugar a degustación dos doces típicos que os participantes do certame acheguen, cada un deles recibirá un agasallo propio da comarca, segundo adianta o Concello da Pobra de Trives. “Igualmente os veciños e veciñas que participen no certame contarán con entrada de balde”, enganden dende esta administración local.

O magosto será tamén de balde para os nenos e nenas, para os xoves terá un custo de 2€ e para os adultos de 4€. No descurso desta celebración poderán degustarse chourizos asados ou panceta, viño ou auga, castañas e, por último, a degustación dos doces dos participantes.

O evento estará amenizado por Javier Araújo que “sorprenderá a todos co seu magnífico directo e as súas interpretacións coa súa polifacética voz. Será unha cita coa gastronomía, a música e a veciñanza de Trives que ninguén debe perder”, adianta o Concello de Trives.

Artigos relacionados

Back to top button