EconomíaEconomíaGalerías de fotosÚltima hora

Música e cervexa para abrir as Festas da Santa Marta de Córgomo

Numerosas persoas dábanse cita a partires das oito desta tarde de sábado 27 de xullo na praza de Córgomo (Vilamartín) para participar no primeiro dos actos do programa festivo da Santa Marta: a V Festa da Cervexa.

A entrada é de balde e, ademais de poder desfrutar dunha caña (1 euros), copas (4 euro) e Licores Barbudos, tamén hai petiscos variados e un diverso acompañamento musical. Xa pola noite, a partires das 23h. actuarán os grupos Navegando a Barlovento, Farrapos de Ghaita (Fene, A Coruña) e Tesitura (Vigo).

Fotos: Torfy.

Artigos relacionados

Back to top button