Concellos

Música e cinema, ingredientes das I Xornadas Escénicas da Veiga

O actor Rubén Riós inaugura a programación ás 12 horas do 20 de agosto
Cartel das xornadas.
Cartel das xornadas.

O Concello da Veiga acolle este sábado día 20 de agosto a primeira edición das Xornadas Escénicas, unha inciativa organizada por Claqueta Coqueta Producións que aunará música e cinema durante todo o día. Así, a Praza do Concello converterase no escenario principal. Alí terá lugar ás 12 horas a inauguración oficial, que correrá a cargo do actor galego Rubén Riós.

O programa continuará coa proxección da película “Pradolongo”, filmada no Concello da Veiga e dirixida polo valdeorrés Ignacio Vilar. Será na sala de conferencias O Toural. Pola noite, ás 22 horas, terá lugar a proxección do filme “Vida”, na Praza do Toural. Tamén haberá unha exposición da obra audiovisual coa presenza de Riós, como director, e os seus protagonistas, Mónica Ferreiro e Óscar Rodríguez.

Para finalizar a xornada, ás 23:30 horas haberá un concerto coa actuación de Son do Sil e Miguel Arias López, representante da comarca de Valdeorras no Luar.

Artigos relacionados

Back to top button