CulturaCulturaÚltima hora

Música e danza clásica, este venres no Barco

Publicidade
A compañía Inquedanza de Ponferrada presenta no Teatro Lauro Olmo a obra “Danzertto”
Imaxe da obra “Danzertto”.

De fundir as palabras danza e concerto xurde “Danzertto” música e danza para ver, escoitar e sentir. É a proposta que a compañía Inquedanza de Ponferrada traerá este venres 7 de abril ao Teatro Lauro Olmo do Barco de Valdeorras.

Gañadora do gran premio de España de teatro, música, danza e actividades artísticas na categoría de mellor espectáculo de danza estreado en 2016, “Danzertto” é un espectáculo de danza clásica con coreografías de Dolores Seijas e Juan Moredo, con dúas partes claramente definidas. A primeira corresponde ao barroco, con marcada inspiración musical, na que dominan as cores branca e negra, tanto na escenografía como no vestiario, e a coreografía usa aos bailaríns notas sobre unha partitura. A segunda corresponde ao romanticismo e nela o protagonismo é para os ballets románticos, cuxo maior expoñente é “As Sílfides”.

O espectáculo comezará ás 21h. e as estradas (5 euros) poderán retirarse na billeteira desde unha hora antes.

Artigos relacionados

Back to top button