CulturaCulturaEntroido 2020Última hora

Música e exposicións, tamén no Entroido de Viana do Bolo

Imaxe da exposición de Edna García que pode visitarse neste Entroido na sala do Concello de Viana do Bolo.

 

Ademais das manifestacións tradicionais do Entroido de Viana do Bolo, durante as datas de celebracion nesta festa tamén sorá moita música na vila. Así, segundo se adianta dende o Concello de Viana, haberá “charangas, grupos musicais, discomóbil, etc. para gozar destos días de troula e diversión”.

Por outra banda, dende o xoves 13 de febreiro e durante todo o Entroido pode visitarse na sala de exposicións do Concello de Viana a mostra “MUNDBOTEIRO” da artista vianesa Edna García Estévez, que centra o seu traballo na figura do Boteiro. “Edna interpreta un mundo novo sobre o boteiro. Un mundo no que o boteiro toma numerosas actividades e facetas se traslada a diversos lugares, todo dentro do imaxinario creado pola autora”, segundo o alcalde de Viana, Secundino Fernández.

 

A imaxe do cartel é obra de no cartel é obra de Edna García Estévez.

 

Artigos relacionados

Back to top button

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies.
Pinche el enlace para mayor información. También puede consultar aquí nuestra política de protección de datos

ACEPTAR
Aviso de cookies
Close