CulturaCulturaMúsicaÚltima hora

Música e gastronomía na festa aniversario do Ruxe Ruxe de Quiroga

Degustación de panceta a partires das nove e Jam Sessión na medianoite do venres 22 de xullo
Cartaz da festa aniversario do Ruxe Ruxe.
Cartaz da festa aniversario do Ruxe Ruxe.

Mañá, venres 22 de xullo, a Cervexería Ruxe-Ruxe de Quiroga celebra unha Festa de Aniversario. Unha celebración na que baixo o título “Ñam Session & Jam Session” convídase ao público a asistir a unha velada na que non faltará nin a comida (pancetada a esgalla) nin a boa música, coa presenza de varios músicos locais que se xuntan para a ocasión e darán un recital de música variada, e en moitos momentos improvisada, coa mestura de artistas e estilos.

A degustación gastronómica será a partires das 21 horas para todos os asistentes e a sesión musical comezará en torno á media noite. Entre os convidados están Santi & Hugo; Santi, Kevin, Iván e David (Utopía); El Emi; e Pitis, coa posibilidade de que outros músicos e todo aquel que o desexe, se vaia unindo á festa.

Artigos relacionados

Back to top button