EconomíaEconomíaGalerías de fotosÚltima hora

Música en directo e maxia no I aniversario da Patrulla Felina do Barco

O festival tiña lugar na Sala Baranda, na noite do 7 de abril

Hai un ano poñíase en marcha no Barco de Valdeorras a Asociación Patrulla Felina. Nacía ante a gran cantidade de gatos que percorrían as rúas da vila sen dono nin casa, expostos ao frío, enfermidades,… A cousa foi medrando e entre os obxectivos que se marcan está localizar as colonias, identificar os gatos que as forman, capturalos e esterilizalos dándolle refuxio, e buscar adopción para cada un deles. Hoxe, teñen unha gateira (na antiga canceira municipal) na que hai oito gatos (hai dous en acollida) pero necesitan axuda económica para poder seguir con ese labor.

Por iso, para recadar cartos e de paso celebrar o I aniversario da asociación que preside Lorenzo Abelaira, na noite do 7 de abril celebraban unha gran festa na Sala Baranda. Houbo sorteo de agasallos, maxia co Mago Deimi e moita música en directo. Miguel Arias cantou en solitario e a dúo con Aneu, e tamén actuaron Emma, Romá Doval e The Black Wings.

Fotos: Mónica G. Bellver

Artigos relacionados

Back to top button