CulturaMúsicaÚltima hora

Música galega e escocesa, xunta nun DVD

Preséntase a gravación do “Concerto Amizade Galicia-Escocia” da Real Banda de Gaitas de Ourense e a ScottishPower Pipe Band
Concerto Amizade Galicia-Escocia, celebrado en novembro de 2013.
Concerto Amizade Galicia-Escocia, celebrado en novembro de 2013.

O Centro Cultural Marcos Valcárcel de Ourense acollía na mañá do 20 de novembro, a presentación do DVD que recolle o “Concerto Amizade Galicia-Escocia”, que tivo lugar en novembro de 2013 no Auditorio Municipal do Carballiño. Nel participaron a ScottishPower Pipe Band, banda de gaitas da filial escocesa de IBERDROLA, e a Real Banda, ambas recoñecidas mundialmente no ámbito do folclore tradicional.

Irmanadas dende o ano 2012, no concerto as dúas agrupacións interpretaron dez temas, recollidos no CD-DVD presentado hoxe. Entre eles hai pezas tradicionais escocesas interpretadas pola ScottishPower Pipe Band, como “Song of the Chanter Medley”, e galegas interpretadas pola Real Banda como “Aires de Pontevedra” ou “Alborada de Veiga”.

A parte final da gravación recolle as tres pezas que fai agora un ano tocaron de forma conxunta as dúas agrupacións: “Flower of Scotland”, “Scotland the Brave” e o “himno galego”.

Presentación do DVD no Centro Cultural Marcos Valcárcel.
Presentación do DVD no Centro Cultural Marcos Valcárcel.

A presentación contou coa presenza do director da Real Banda de Gaitas, Xosé Lois Foxo; o delegado en Galicia de Iberdrola, Francisco Silva, o asesor de Cultura da Deputación de Ourense, César Fernández, e o concelleiro de Cultura do Concello do Carballiño, Rodrigo González.

Artigos relacionados

Back to top button