CulturaCulturaÚltima hora

Música do grupo “MonnQup” e viño do Ribeiro na segunda sesión de “Cata a Arte”

Esta cita tivo lugar no Centro Cultural Marcos Valcárcel e nesta ocasión a encargada de presentar o seu produto foron as Adegas Valdavia
Presentación da xornada.

As Adegas Valdavia presentou onte, 9 de novembro, os seus viños Cuñas Davia branco, Cuñas Davia Barrica e Cuñas Davia tinto na segundo sesión do ciclo “Cata a Arte” da man de Alberto G. Úbeda, xerente da adega, acompañados pola música do grupo MonnQup. O evento celebrouse no Centro Cultural “Marcos Valcárcel” da Deputación, en Ourense, arrodeado da mostra “Esto no es un selfie”, unha mostra de 100 fotografías tipo “autofoto”.

Nesta cuarta edición de “Cata a Arte “, continúase coas catas solidarias, solicitando a cada un dos asistentes que colabore cun donativo dirixido integramente á ONG Autismo Ourense, asociación que ten como misión promover a calidade de vida das persoas con Trastornos do Espectro Autista (TEA) e das súas familias ao longo do seu ciclo vital, facilitando e potenciando o seu desenvolvemento integral, mediante a posta en práctica de programas individualizados e específicos que cubran as características, necesidades e intereses de cada un dos seus usuarios. Todas as persoas que apoian esta iniciativa entran nun sorteo de lotes de viño das adegas participantes.

Camille Hèdouin, do grupo MounQup.

Artigos relacionados

Back to top button