Publicidade
CulturaCulturaMúsicaÚltima hora

Música para celebrar a noite de San Xoán no Ruxe Ruxe de Quiroga

O dúo de versións Soul & Roll actuará este xoves 23 de xuño a partires das 23:30h.

DESTACADO SXQUIROGA

O rock, o pop, o soul ou o blues (Police, U2, pop español dos 80, Bruno Mars, Bon Jovi,…) son os principais estilos que toca Soul & Roll, un dueto en acústico formado por Miguel Araújo á guitarra e Tamara Pérez como voz solista, que se achegará o xoves 23 de xuño ata a Cervexería Ruxe Ruxe de Quiroga, para amenizar musicalmente a máxica noite de San Xoán.

Durante a festa, no local de copas haberá pancetada de balde para os asistentes.

Artigos relacionados

Back to top button

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies.
Pinche el enlace para mayor información. También puede consultar aquí nuestra política de protección de datos

ACEPTAR
Aviso de cookies
Close