CulturaCulturaGalerías de fotosÚltima hora

Música para pechar unha intensa xornada en torno ao botelo, no Barco

Macizas Centrais, Ouruxobruxo, Os Palletas, Os Corenta e Chinco Boys e Píngalle o Moco puxeron son aos cantos de taberna

Nada mellor que botar un baile para baixar un opulento xantar. Por iso, a música poñía un ano máis o broche á Festa do Botelo do Barco, na tarde-noite do 20 de xaneiro.

Despois do xantar, que xuntou a máis de 1.300 persoas no pavillón de Calabagueiros, a festa trasladábase ao casco vello e Malecón. E mentres a orquestra Aramio actuaba na praza Andrés de Prada, cinco grupos (que xa tocaran durante o xantar) percorrían os bares da localidade animando co seu son a III Foliada de cantos de taberna: Ouruxobruxo da Rúa, Os Corenta e Chinco Boys, Os Palletas de Quiroga, Píngalle o Moco e Macizas Centrais de Trives.

A festa continúa hoxe coa feira de produtos tradicionais no Paseo do Malecón (Zona Casino) aberta ata o mediodía e a posibilidade de degustar botelo en varios restaurantes da vila: Cafetería Restaurante Fernando III, Casa Galaica, Pulpería El Dorado, Piquiño restaurante, Casa Lameiro, Tapería Al Natural e Restaurante Tomás.

Fotos: Carlos G. Hervella.

Artigos relacionados

Back to top button