CulturaCulturaGalerías de fotosMúsicaÚltima hora

A música pon o broche ás Festas da Dolorosa en Trives

A Banda da Escola de Música de Barbadás e a orquestra Santiago, foron as grandes protagonistas musicais da xornada dominical coa que A Pobra de Trives poñía o broche a catro días de festas (13 e 14 na honra ao Santo Cristo; e 16 e 17 na honra á Dolorosa).

Os músicos chegados dende Barbadás tiñan dobre actuación. A primeira pola mañá, cun pasarrúas pola vila; a segunda pola tarde cun concerto na praza do Pilón. E unha vez que caeu a noite, sobre o escenario facía acto de presenza a orquestra Santiago, cunha animada actuación que fixo bailar ao numeroso público asistente.

Este ano, tanto as festas de San Bartolomé no mes de agosto, como as patronais en setembro, que ademais de música incluíron cultos, actividades infantís e torneos (de futbolín, de pádel,…) estiveron organizadas por unha comisión formada por catro mozos da localidade trivesa.

Fotos cedidas.

Artigos relacionados

Back to top button