CulturaCulturaÚltima hora

Música, teatro e merenda na 3ª Festa da Familia, o 18 de xullo na residencia de maiores do Bolo

A cita será a partires das 16 horas e ademais contarase coa presenza de dous cortadores de xamón profesionais
Unha das actuacións da 2ª Festa da Familia celebrada o ano pasado./ Foto: Ares Pérez.

Por terceiro ano consecutivo, o Club Patatero e a residencia de maiores do Bolo xuntaron esforzos e creatividade para organizar a Festa da Familia que se celebrará este mércores 18 de xullo e á que se espera que asista xente dos diferentes polos do municipio.

A partires das catro da tarde sucederanse as actividades. Obras de teatro, recital de música, bailes e cancións populares e tradicionais, son algunhas das propostas que se incluirán no programa, no que non faltará o bo humor. Ademais, nos salóns da residencia contarase coa presenza de dous cortadores de xamón profesionais que farán unha demostración e logo servirase unha merenda.

 

Artigos relacionados

Back to top button