OurenseÚltima hora

O musical “Keltia” volve a Ourense este domingo

Unha trintena de actores, 8 músicos e un grupo de gaiteiros estarán na Praza Maior no peche da xira deste musical por Galicia
Rosendo Fernández, Jesús Vázquez, Belén Iglesias, Andrea Pousa e Bruxo Queiman.

O musical “Keltia” volve a Ourense. Nesta ocasión será o vindeiro domingo, 17 de setembro, na Praza Maior da cidade, onde os máis de 35 artistas farán un repaso pola cultura atlántica en clave musical.

O vicepresidente da Deputación, Rosendo Fernández, destacou na presentación de hoxe, 13 de setembro, a importancia da “cooperación” entre institucións, “a cal fai posible co vindeiro domingo, Ourense ofreza un completo programa de actividades coa celebración, pola mañá, do 33º “Día da Bici” e, para rematar a xornada, o musical “Keltia”,  que ofrecerá aos asistentes un espectáculo que mestura música en directo, canto, teatro, danza e lume, cunha coidada posta en escena”. Asemade o vicepresidente lembrou que a Deputación trouxo este musical, por primeira vez á provincia, no marco da celebración da “Festa da Istoria” 2017”.

Esta actuación pechará a súa xira por Galicia, desta vez cunha alusión moi importante á cidade de Ourense: “As augas termais de Ourense devolvéronlle a vida aos galaicos mortos a man dos romanos”, sinalou Andrea Pousa, unha das protagonistas do espectáculo.

O espectáculo non se cinguirá exclusivamente ao escenario da Praza Maior. Haberá tropas romanas desfilando pola cidade nos momentos previos a Keltia, recreando acontecementos que ocorreron no ano 60 a.C. Na batalla do Monte Medulio. A fin última deste espectáculo é conxugar lecer e cultura a través dunha calidade escénica, poesía artística, e música tradicional fusionada con outros recursos expresionistas presentes e vivos na chamada cultura atlántica

“A fin última deste espectáculo é conxugar lecer e cultura a través dunha calidade escénica, poesía artística e música tradicional fusionada con outros recursos expresionistas presentes e vivos na chamada cultura atlántica”, sinalou o alcalde de Ourense, Jesús Vázquez.

Na presentación de hoxe tamén estiveron a concelleira de Cultura, Belén Iglesias, e outro dos organizadores e protagonista do espectáculo, Bruxo Queiman.

Artigos relacionados

Back to top button