CulturaCulturaMúsicaÚltima hora

Musicalización de cine mudo en directo, da man de Caspervek Trío no FIC Vía XIV de Verín

 

As melodías de Caspervek Trío, interpretadas en directo, integrábanse á perfección na proxección da película clásica de cinema mudo “O maquinista da xeral” na segunda xornada do VI Festival Internacional de Curtas (FIC) Vía XIV de Verín. O trío, conformado polo pianista Brais González, por Tonio Comesaña, a cargo do clarinete, e por Laura Lorenzo (frauta), musicalizaba este filme clásico de cinema mudo, realizado en 1926 por Buster Keaton.

Esta é unha das numerosas actividades incluídas na sexta edición do FIC, que se desenvolverá ata o 12 de setembro en Verín.

Artigos relacionados

Back to top button