Publicidade
EconomíaEconomíaGalerías de fotosÚltima horaViticultura

Na procura da acreditación ENAC para a D.O. Valdeorras

Publicidade
O presidente do Consello Regulador confía en optela nos primeiros meses de 2017

Despois da reunión informativa de carácter técnico mantida na mañá do 5 de agosto na sede do C.R.D.O. Valdeorras, o presidente, Francisco García “confía en que o organismo poda obter a acreditación da Entidade Nacional de Certificación (ENAC) nos primeiros meses do próximo ano”, tal como informan dende o Consello.

Na reunión, na que participou un representante do equipo técnico que asesora ao organismo nesta cuestión, fixáronse os prazos que permitan solicitar unha nueva auditoría por parte de ENAC. “Acordouse iniciar un proceso de diálogo interno, que permita consensuar criterios para o cumprimento dos parámetros esixidos por ENAC”, explican dende o C.R. Un proceso, que se desenvolverá ata o vindeiro mes de setembro e no que participarán os diferentes axentes e subsectores implicados (adegas, viticultores, cooperativas, etc).

Xa no mes de outubro “celebraríase un Pleno no que se aprobaría unha resolución que aune todas as sensibilidades recollidas ao largo do proceso e instaríase á ENAC a celebrar unha nova auditoría antes de fin de ano, que posibilite ao organismo acreditarse segundo a norma UNE-EN ISO/IEC 17065 en 2017”, adiantan dende o C.R.O.O Valdeorras.

Artigos relacionados

Back to top button

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies.
Pinche el enlace para mayor información. También puede consultar aquí nuestra política de protección de datos

ACEPTAR
Aviso de cookies
Close