ConcellosSociedadeÚltima hora

Na procura da historia dunha foto en branco e negro

Foi atopada na aldea da Anagaza, nas terras de Trives

Foto atopada na aldea da Anagaza (Trives).

 

De paseo pola aldea da Anagaza, na parroquia trivesa de Somoza, Flor María Pérez atopou unha foto en branco e negro. Nela vese a un grupo bastante grande de mozos e mozas pousando con chourizos ao espeto na man, polo que pode tratarse dunha das pandillas que asistía a algunha festa similar á do Chourizo de Vilanova, ou pode que a esa mesma, pero décadas atrás. A xulgar pola vestimenta, entre os anos 60 e 70 do século vinte.

O malo é que son todo suposicións porque nada se sabe da foto. De feito, a propia Flor María (que vén de alugar a casa que ten na aldea), preguntou a todos os veciños que pudo se recoñecían a alguén da fotografía “para atopar ao seu dono e devolverlla, pero non conseguín ningunha pista”, asegura. Por iso a publicamos hoxe no periódico dixital OSIL.info.

Se algún dos lectores recoñece aos mozos que aparencen na imaxe ou ten idea de onde e cando pudo ser tomada, gustaríanos que se puxese en contacto connosco (a través das nosas redes sociais ou no correo electrónico suplementos@osil.info) para facilitarlle a información a Flor e que poida devolverlla ao seu dono ou a algún dos que sae nela.

 

 

 

Artigos relacionados

Back to top button