CulturaCulturaÚltima hora

Na procura da vila romana de Proendos (Sober)

Esta semana iniciábase unha intervención arqueolóxico que xa sacou á luz os primeiros muros, localizados a un nivel moi superficial

 

Comezan a aparecer os primeiros restos das estruturas do xacemento de Proendos (Sober), situado na contorna da súa igrexa parroquial. Esta semana iniciábase nel unha escavación arqueolóxica, impulsada pola Xunta de Galicia, xa está sacando a luz os primeiros das estruturas das edificacións localizadas a un nivel moi superficial.

A Consellería de Cultura, Educación e Universidade decidiu iniciar esta actuación debido a transcendencia dos resultados obtidos na prospección xeofísica levada a cabo polo concello de Sober no ano 2019, unha intervención que permitiu constatar a existencia de complexas estruturas baixo terra en todas as parcelas prospectadas, posiblemente encadrables a maioría delas na época romana.

 

 

Ademais, esta intervención deu a coñecer a existencia de, “polo menos, un complexo termal de extensión considerable, varios elementos de posible carácter público e de servizos, posibles estruturas de habitación, unha probable trama urbana ou estruturas funerarias, así como un hipotético sistema de condución de augas. Os traballos tamén achegaron datos en relación tanto a fases anteriores, como un posible foso defensivo, quizais vinculable a elementos castrexos, como posteriores, con posibles tumbas e elementos funerarios medievais na contorna da Casa Reitoral de Proendos”, tal e comos e informa dende a Consellería de Cultura.

Sondaxes arqueolóxicas

Esta actuación no xacemento, que conta cun prazo de execución previsto de dous meses e unha intervención de campo de dez días, consistirá na realización dunha serie de sondaxes arqueolóxicas avaliativas naqueles puntos que teñen un maior interese histórico-arqueolóxico, como son a zonas da posible existencia dunha ábsida, dun pavimento/mosaico, de almacéns tipo horrea e dun hipocausto.

Ademais da propia intervención arqueolóxica, tense previsto levar a cabo diferentes accións de divulgación dos traballos arqueolóxicos realizados nas que se fará constar a colaboración e financiamento da Consellería de Cultura, Educación e Universidade da Xunta de Galicia.

 

 

Artigos relacionados

Back to top button