EconomíaEconomíaGalerías de fotosÚltima hora

Na procura de agasallos no Mercadiño de Nadal do Barco

Reúne a uns 25 postos con produtos moi diversos no centro da vila e estará aberto ata a tarde do 18 de decembro

Por quinto ano consecutivo a praza do Concello do Barco acolle un Mercadiño de Nadal. Abría as súas portas na tarde do vernes 16 de decembro e poderá visitarse ata a última hora da tarde do domingo 18.

As persoas que se acheguen ata el poderán atopar multitude de produtos en ata 25 postos. Dende doces, como a bica de Manzaneda, e empanadas ata manualidades, artesanía en coiro, bisutería, etc. Numerosas persoas visitaba xa nestas primeiras xornadas esta mostra que ten sido promovida polo Concello do Barco.

Fotos: Carlos G. Hervella.

Artigos relacionados

Back to top button