CulturaCulturaÚltima hora

Na procura de apoios á candidatura de Florencio D.G. como homenaxeado no 2022 polas Letras Galegas

 

“Entre todos podemos conseguir que o 2022 sexa O ANO DE VALDEORRAS, O ANO DE FLORENCIO e O ANO DAS NOSAS LETRAS”. Esta é a mensaxe da campaña de difusión que o proxecto “As letras de Florencio” vén de poñer en marcha a través das redes co obxectivo de recompilar apoios para a candidatura de Florencio Delgado Gurriarán como homenaxeado do Día das Letras Galegas 2022. “Gustaríanos que todos os valdeorreses e valdeorresas apoien o noso proxecto enviándonos ben un vídeo explicando porqué apoian a candidatura, ben unha fotografía portando a imaxe da campaña”, explican.

Tamén enviarán a imaxe aos centros escolares da comarca para que “os mestres e mestras nos envíen as fotos dos nosos cativos xunto á imaxe da campaña, sabendo que eles sempre foron os nosos maiores defensores e por eles queremos comezar esta campaña”, continuando por todos os veciños e veciñas de Valdeorras e “co resto dos galegos, especialmente con todos aqueles artistas que nalgún momento tiveron algo que ver co proxecto, ou namorados desta terra.  Entre todos podemos facer ver que Florencio ten moito detrás, tennos a todos e a todas nós”, conclúen dende “As letras de Florencio”.

Artigos relacionados

Back to top button