ConcellosÚltima hora

Na procura de especies invasoras, na conca do río Bibei, en Manzaneda

Adega organizará do 25 ao 27 de maio un campo de voluntariado ambiental para a “identificación temperá de especies exóticas invasoras”

Ao longo de tres días, do 15 ao 27 de maio, Adega desenvolverá na conca do río Bibei, e máis concretamente en Manzaneda, un campo de voluntariado ambiental para a “identificación temperá de especies exóticas invasoras”.

Segundo adiantan dende esta organización ecoloxista, o programa comezará na tarde do venres día 25 cunha sesión de formación titulada “introdución á problemática das especies invasoras”. O sábado 26 de maio realizaranse unha serie de roteiros de identificación temperá na conca do río Bibei e, ao día seguinte, domingo continuarase coa ruta e farase unha posta en común.

Esta actividade é gratuíta, pero para participar na mesa é necesario inscribirse no seguinte enderezo electrónico ramses@adega.gal ou chamando ao teléfono 981 570099. Dende a organización tamén se informa de que “o voluntariado contará cun seguro de accidentes e terá os gastos cubertos, excepto o desprazamento ata a zona”. A estancia farase no Albergue de Manzaneda.

Este campo de voluntariado será organizado por Adega, co apoio do Concello de Manzaneda, e coa colaboración da Xunta.

Artigos relacionados

Back to top button