ConcellosÚltima hora

Na procura de regalos diferentes, no II Mercadiño Navideño de Rubiá

Esta mostra, que abrirá as súas portas no mediodía do sábado, desenvolverase durante esta fin de semana na Casa da Cultura deste concello valdeorrés
Imaxe da pasada edición do Mercadiño Navideño de Rubiá./ Foto: Carlos G. Hervella.

Produtos tradicionais, textís, manualidades, doces, licores ou obxectos de segunda man. Serán algúns dos artigos que poderán mercar as persoas que visiten no II Mercadiño Navideño de Rubiá que se celebrará nesta fin de semana, os días 2 e 3 de decembro, na Casa da Cultura deste concello valdeorrés. Deste xeito, adiántase nunha semana ás datas da súa primeira edición

A súa inauguración está prevista para as 12:30h. sábado 2 de decembro. A partir de aí o mercadiño permanecerá aberto ata as 14h. e, xa de tarde, de 16:30h. a 20h. O domingo repetiranse os horarios. Ademais na tarde do domingo, a partires das 17h., procederase a entrega de premios do concurso de fotografía “Rubiá sen filtros”.

Esta iniciativa será organizada polo Concello de Rubiá.

Artigos relacionados

Back to top button