Galerías de fotosÚltima hora

Na procura dos ovos de cores da galiña azul, en Trives

Cunha xincana conclúan na vila os actos das Letras Galegas

Un cento de persoas dábanse cita no Pilón de Trives na tarde do 19 de maio para desfrutar dun contacontos e das probas da xinkana “A Galiña Azul”. Ademais os máis pequenos realizaban un fermosos colaxe xigante dunha galiña azul coa axuda de pais e avós. Entre tanto outros apresurábanse na procura das pistas de obras de Carlos Casares para superar a xinkana, con carreiras polo pobo para atopar libros do autor ou mesmo os ovos de cores da galiña azul. Estas eran algunhas das probas a superar.

Tamén houbo tempo para representar un anaquiño do conto “O can Rin e o lobo Crispín”, de Casares. De seguido, os cativos recuperaban forzas cunha merenda. Deste xeito concluían os actos das Letras Galegas deste ano en Trives.

Fotos: Concello de Trives.

Artigos relacionados

Back to top button