PolíticaÚltima hora

Na provincia de Ourense repítense os resultados do 28A: 2 deputados PP e 2 PSOE

Urna electoral de papeletas para o Congreso./ Foto: Carlos G. Hervella.

 

A provincia de Ourense repite os resultados das anteriores eleccións do 28 de abril en canto á representación no Congreso dos deputados. Os votos depositados nas urnas neste 10 novembro outórganlle dous deputados ao PP  e outros tantos ao PSOE 99,56% dos votos escrutados. Sen embargo, ambas formacións políticas perden votos con relación aos obtidos nos comicios de hai seis meses.

En terceiro lugar, pero sen escano, sitúase Unidas Podemos, que perde tamén respaldo fronte aos anteriores comicios. A cuarta forza política da provincia é Vox, ademais cunha tendencia positiva con relación ao 28A. Tamén sobe o BNG nestes comicios, sendo a quinta forza máis votada na circunscrición ourensá.

Tamén destacable é o incremento de participación na provincia, dun 65,80% (169.788 votantes) nesta xornada, fronte ao 53,96% do 28 de abril.

Na capital da provincia, así como en concellos como Barbadás, O Barco, A Rúa, A Pobra de Trives, Petín, Larouco, A Mezquita ou Parada de Sil ganaba o partido socialista.

Datos provincia de Ourense./ Fonte: https://resultados.10noviembre2019.es/

 

 

Gráfico de resultados electorais para o Congreso na provincia de Ourense co 100% escrutado./ Fonte: Ministerio do Interior. https://resultados.10noviembre2019.es/

 

Artigos relacionados

Back to top button