Publicidade
En portadaÚltima hora

Na provincia só hai 2 pacientes con Covid-19 hospitalizados, un deles no Barco

Dos 68 casos activos hoxe na Área Sanitaria de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras, 66 permanecen a seguemento a domicilio e 2 están ingresados en planta, segundo Sanidade

Hospital de Valdeorras./ Foto: Carlos G. Hervella.

 

Un día máis o Hospital de Valdeorras continúa entre os centros galegos que manteñen ingresos por coronavirus. Así segundo a última actualización de datos da Consellería de Sanidade, o hospital barquense continúa cun paciente ingresado en planta con Covid-19.

Pola súa banda, o Hospital de Verín continúa libre de virus, mentres que no Hospital Universitario de Ourense rexístrase un único ingreso por coronavirus.

Dos 68 casos activos hoxe na Área Sanitaria de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras, 66 permanecen a seguemento a domicilio e 2 están ingresados en planta, segundo Sanidade.

O total de casos rexistrados na provincia ascende a 2.001, con 1.802 curados e 131 falecementos (residencias e hospitais). Ademais na provincia lévanse realizado 20.482 probas PCR.

 

 

Artigos relacionados

Back to top button

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies.
Pinche el enlace para mayor información. También puede consultar aquí nuestra política de protección de datos

ACEPTAR
Aviso de cookies
Close