En portadaGalerías de fotos

Na Ribeira Sacra conclúe con boa acollida a “Caída da folla”

Este programa aposta dinamizar as actividades de outono e por romper a desestacionalidad neste destino da Galicia interior

A primeira edición do programa “A Caída da Folla na Ribeira Sacra” concluía na fin de semana do 17 e 18 de outubro. “A boa resposta na demanda destas propostas e o perfil (parellas de entre 30 e 50 anos, da Coruña, que se aloxaron en establecementos de turismo rural de Ribeira Sacra) confirman que dinamizar as actividades de outono axudan á desestacionalización do destino”, tal e como se indica dende o Consorcio de Turismo da Ribeira Sacra, promotor desta iniciativa que achegaba catro propostas diferentes: “Paisaxes de Outono”, “Cesta e ao bosque!”, vencellada á micoloxía; “Castañas e Carriozas” e geocatching, dirixido a familias e, especialmente, aos máis pequenos.

Na fin de semana do 17 e 18 de outubro a ocupación das actividades chegaba ao 80%. “Pensamos que as previsións metereolóxicas non posibilitaron chegar ao 100%”, sinalan os seus promotores. Así o geocaching tivo que suspenderse por mor do tempo.

A intención é darlle continuidade ao programa o vindeiro ano. “Agardamos que, de cara a 2016, poidamos ampliar este programa no tipo de actividades e tamén na súa duración, contando, a poder ser, co mes de novembro. Hoxe mesmo entregamos na Xunta de Galicia a xustificación do convenio de colaboración entre a Axencia Turismo de Galicia e o Consorcio de Turismo, no que se enmarca este programa e cuxo prazo de execución remata mañá día 20 de outubro”, segundo explica este organismo.

Fotos: Consorcio de Turismo da Ribeira Sacra.

Artigos relacionados

Back to top button