Ata 300.000 euros destinará a Xunta de Galicia para a construción dunha nova residencia de maiores na Veiga. Este investimento materializarse a través dun convenio de colaboración entre a Consellería de Política Social e o Concello ourensán que está previsto que se asine neste primeiro trimestre do ano, segundo se vén de anunciar dende este departamento autonómico.
O Concello da Veiga encargarase da construción deste centro residencial, que será de titularidade municipal e que tamén contará coa colaboración da Deputación Provincial de Ourense.
Con esta actuación, “o goberno galego reafirma o seu compromiso coas persoas maiores e con poñer á disposición destas máis programas e servizos que melloren o seu benestar e o das súas familias”, segundo a consellería.