EconomíaEconomíaÚltima horaViticultura

Na XXXVII Feira do Viño de Quiroga poderán catarse os viños de sete colleiteiros

Acaba de concluír o prazo de inscrición para poder participar neste certame que se celebrará do 20 ao 21 de abril nesta vila lucense
Imaxe da pasada edición da Feira do Viño de Quiroga./ Foto: Carlos G. Hervella.

Rematado o prazo de inscrición, sete son os colleiteiros que se anotaron para participar na XXXVII Feira do Viño de Quiroga que se celebrará o 20 e 21 de abril, tal e como se informa dende o Concello. Agora os produtores deberán aboar a cantidade de 100 € e entregar mostras do viño inscrito, que terá que superar dúas probas, unha análise organoléptica e unha cata popular polos membros da Confraría do Viño de Quiroga.

Os requisitos mínimos que se lle esixían para poder participar era que os viños tivesen unha graduación alcohólica mínima de 12 º para o viño branco e de 11,5 º para o viño tinto. E unha acidez volátil máxima de 0,5 gr. acético/l. para o viño branco e de 0,6 gr. acético/l. para o viño tinto.

En canto á cantidade, fixarase unha cantidade mínima de 200 botellas de viño branco e 250 botellas de viño tinto para presentar na feira, e outra cantidade igual ou superior na adega.

 

Artigos relacionados

Back to top button

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies.
Pinche el enlace para mayor información. También puede consultar aquí nuestra política de protección de datos

ACEPTAR
Aviso de cookies
Close