Galerías de fotosOurenseÚltima hora

Nace a Feira do Cooperativismo “Conecta co teu público” en Ourense

Quince proxectos relacionados coa economía social achegan os seus produtos aos veciños de Ourense

“Na Confederación Empresarial de Ourense (CEO) estamos plenamente comprometidos co emprendemento, proba diso é a celebración desta feira, un evento que organizamos da man da Rede Eusumo e co apoio da Xunta de Galicia”.

Deste xeito comezaba a presidenta da CEO, Marisol Nóvoa, a súa intervención na mañá do 20 de setembro na inauguración da Feira Cooperativismo “Conecta co teu público”, na que quince proxectos de economía social exhiben os seus produtos e servizos no Centro Cultural Marcos Valcárcel. Neste acto estaba acompañada polo presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, e pola xefa do servizo de Emprego e Economía Social de Ourense, Pilar Fernández.

“Esta será unha oportunidade excepcional para que os emprendedores testen os seus produtos e servizos e tamén será unha plataforma para darse a coñecer e conseguir así novos clientes”, sinalaba Nóvoa, que tamén puxo en valor o desenvolvemento doutros proxectos relacionados co emprendemento.

Percorrendo a mostra poden verse postos de castañas (como é o caso do da Cooperativa Amarelante de Manzaneda), galletas, marmeladas, aceites, queixos ou servizos audiovisuais e educativos.

Fotos cedidas pola CEO.

Artigos relacionados

Back to top button